Xan Martínez e Sonia Galdo conforman a compañía Neboa Escénica, un proxecto de creación escénica que investiga as relacións entre corpo, pensamento e percepción, entendendo a escena como un territorio onde dialogan artes vivas, filosofía e ciencia para xerar experiencias íntimas, arriscadas e centradas no espectador

Proxectos

A Caverna de Silicio

Esta liña de traballo concrétase no seu proxecto actual, A Caverna de Silicio, unha peza de teatro inspirada no universo de Samuel Beckett na que dúas figuras atrapadas nunha espera en bucle cuestionan a súa orixe e a súa humanidade, abrindo unha reflexión minimalista e inquietante sobre a conciencia, a intelixencia artificial e os límites entre o natural e o programado, convidando ao público a preguntarse que é, en última instancia, o que nos fai humanos; unha creación que foi ademais recoñecida no I Certame DramaturxIA.

Como dramaturgo e director, Xan Martínez ten levado a escena máis de trinta creacións escritas e dirixidas por el mesmo con actores como o gañador do Mestre Mateo Chete Lere, co estectáculo "MI MADRE". Ou coa compañia "Sen Cancelas teatro" co espectáculo "2010". Actualmente está a presentar unha adaptación de "UN TRANVIA CHAMADO DESEXO" coa mesma compañía.

Write a short text about your service

Write a short text about your service

Excepcional. Un texto conmovedor, sorprendente, reflexivo y desconcertante, llevado con gran maestría por un grande de nuestra escena: Chete Lera

★★★★★

Madrid

Sobrecogedora. Desde una escena desnuda de atrezzo y artificio, el trabajo de Chete Lera llena el espacio físico y emocional mostrándonos la crudeza de la enfermedad mental, de la hipocresía social, de las heridas familiares y de la soledad como prisión. GRACIAS!

Madrid

★★★★

Tráilers Teatrais

Pequenos fragmentos de algunhas representación teatrais

"2010" Sen Cancelas Teatro, realización Leticia Blanco

"O ollo que todo o ve"

"Unha cita incómoda" Xuvenil

Documental de fición "As historias de Pepa a Loba"

"Un travia chamado desexo" De Tennessee Williams, realización Laura Pose.

"O paso do Tempo"

Algunhas Performaces

Performance Contra a Violencia de Xénero e Performance do poemario "O Tempo nun Instante"

Alén das pezas teatrais e performance, creou os videoclips "Quero pensar" e "Teño dous cuadros" e as curtametraxe “Rutina” e "Rutina 2" con Leo Suarez e Sandra Rellán. Como actor participou nas curtas “Capitán Centolo” dirixida por Germán Gutierrez, en “As damas negras” e “Perversa Lola” dirixidas por Sonia Mendez e na obra de teatro experimental “Bufóns e Pallasos”.

Curtas e máis

Coa actriz Paula Carballeira levou a escena Bufóns e pallasos, con texto e dirección de Antonio Fernández Lera e tradución ao galego de Miguel Vázquez Freire, foi presentado no Encontro Artes Escénicas organizado polo Foro Costa da Morte en Muxía (A Coruña), no Teatro Galicia de Ensa, no marco do festival Isto Ferve, así como no festival Escena Contemporánea 2012 de Madrid, en Garaje Lumière, dentro do ciclo Transformacións.

gray computer monitor

Contacto

Se desexas colaborar ou solicitar información, contacta comigo.