CURSOS E FORMACIÓN

Técnicas dramatúrxicas para unha comunicación eficaz

Obxetivo Xeral

O obxectivo xeral destas clases é a formación en técnicas dramatúrxicas que faciliten o correcto desenvolvemento da expresión corporal como principal elemento transmisor de emocións e coñecemento. Creando un espazo de seguridade para o/a poñente, e que poida así trasladar as súas propostas dunha maneira eficaz e empática, optimizando ao máximo a súa capacidade comunicativa.

Nestes talleres daremos as ferramentas adquiridas nunha formación actoral, pero dirixidas a comunicadores/as tratando competencias específicas no referente a comunicación e posta en escena.

Público Obxetivo

Este programación está deseñada para persoas ou grupos de persoas profesionais ou non, que queiran coñecer estas técnicas e aplicalas na súa oralidade, exposicións públicas, grupo de traballo, empresas ou vida cotiá.

Consciencia corporal e técnicas dramaturxicas

Obxetivo Xeral

Coñecer as túas expresións non verbais, eliminar as máscaras e constructos educativos e sociais, ou simplemente incrementar a comunicación co teu corpo a partires do movementoto creativo, individual e colectivo. Corrixir malas posturas, mellorar a forma de camiñar e de sentarse, liberar tensións, recuperar ton muscular e incrementar a túa mobilidade. En definitiva, tomar consciencia do teu eu atraveso do corpo, xirar os ollos e mirarse por dentro. No desenrolo desta aprendizaxe utilizaremos múltiples técnicas de diferentes disciplinas para mellorar así a expresividade e a percepción corporal. O mesmo tempo faremos un acercamento as artes escénicas como a performance, danza, contat, teatro.

Público Obxetivo

Todas aquelas persoas que teñan interese no coñecemento activo do seu corpo mediante a consciencia corporal, e que tamén desexen acercarse a a ación escénica.

"Non temos corpo, somos corpo"

Antonio Damasio (Neurocientifico)

Dramaturxia nas aulas

Obxetivo Xeral

Unha proposta de talleres dramatúrxicos de aproximadamente unha hora e media de duración, podendo facer varias clases seguidas con diferentes cursos. Dramaturxia nas aulas pretende familiarizar ó alumnado dos institutos coas técnicas dramaturxicas e a interpretación pero tamén o escenario, facendo un paralelismo con outros escenarios nos que se terán que desenrolar o seu presente académico e futuro laboral: exposicións, presentación de proxectos, oposicións, entrevistas de traballo etc. E tomar consciencia da importancia do corpo como principal elemento comunicativo, posto que o 55% da información que transmitimos é comunicación non verbal.

Público Obxetivo

Esta clase está deseñada para alumnos/as de educación secundaria E.S.O, Bacherelato ou Formación profesinonal..

"O alumnado de 3º e 4º da ESO tivo o pasado 7 de maio unha visita moi especial. Xan Martínez, actor, dramaturgo e profesor de teatro, compartiu co alumnado o seu amplo coñecemento sobre o mundo do teatro eo seu vínculo coa capacidade comunicativa tan importante nas relacións sociais e na vida en xeral. Co taller “Dramaturxia nas aulas” persegue que o alumnado sexa consciente do que o escenario se atopa en calquera ámbito e ademais busca mellorar a súa expresión oral e comunicativa. Moitas grazas, Xan"

Teatro e interpretación

Obxetivo Xeral

O obxectivo xeral deste curso de teatro é crear un espazo no que os/as alumno/as poidan experimentar outro modo de comunicarse, física e intelectualmente mediante a interpretación; así como potenciar, reafirmar e crear novas actitudes: a comunicación, a desinhibición e a competencia cultural e artística. Ao mesmo tempo permítelles introducirse noutros roles atraveso do escenario, topando novos espazos de desenrolo persoal e de creatividade. O actor ou actriz como creador ou creadora. Saber desenrolar a lectura dramatizada dun texto, fuxir de esteriotipos. coñecer o teu corpo como principal elemento comunicativo.  Estas competencia culturales e artística supón o desenvolvemento de habilidades para expresarse, mobilizando os recursos de cada individuo. Apreciar e gozar coas distintas manifestacións da arte e da cultura. Desenrolando habilidades de escoita, cooperación e empatia, potenciando os sentidos para unha posta en escena consciente do traballo que estás a desenrolar.

Público Obxetivo

Esta programación está deseñada para grupos de persoas que queiran acercarse o teatro e coñecer o oficio da interpretación en escena.

"Unha percepción correcta do noso corpo inflúe na atención, intelixencia emocional, toma de decisións, procesos cognitivos, memoria, verbalización, en definitiva no noso ben estar".

Nazaret Castellanos

“O mundo na súa totalidade, ben podería ser un escenario. Pero durante o século vinte a maior parte das persoas formaban parte do público neste século todos estamos no escenario”.

Jeremy Rifkin. A CIVILIZACIÓN EMPÁTICA

Comentarios do alumnado sobre al clases de Xan

Apunteime pensando en mellorar as miñas habilidades para falar en público e foi todo un descubrimento. O curso fíxome conectar as palabras co movemento dende un lugar que non coñecía, e aprender a complexidade da comunicación. Foi un gusto disfrutar das clases e da xente, o momento favorito da semana mentres durou o curso!! tanto que me apuntei as clases de conciencia corporal... e iso xa foi outro nivel.

Buenísimo y recomendadísimo, sin duda. Se aprende un montón, te activas un montón, conoces a un montón de gente increíble y las clases son perfectísimas para desconectar, relajarte, cansarte... una maravílla!

Selena Rodriguez "Desarrolladora de proxectos de formación" Alumna de Técnicas dramaturxicas
UNED Vigo
★★★★★
★★★★★

Coñecín a Xan o curso 2023- tiven a sorte de coñecer a un profesional dos que deixan legado, tanto polo amplo coñecemento do seu traballo como polo tipo de persoa que é, cercana, sincera e da que te sentes orgulloso de coñecer. A formación recibida penso que me é moi útil tanto para o meu traballo de docente como para a de músico, aportándome sensación de seguridade, confianza e valía persoal. Quero destacar a capacidade para atender á diversidade de cada un de nos e saber enfocar os cursos dende unha perspectiva aberta, sen complexos e moi respectuosa".

José luis Barreiro (Txelu) "Docente e Músico" Alumno de técnicas dramaturxicas
UNED Vigo
★★★★★

Con Xan aprendo día a día, clase a clase, pasito a pasito… creación del personaje, la voz como instrumento, la gran diferencia entre “actuar” y “escenificar”, a través del estudio y la creación del personaje, con la voz como instrumento, aprendemos a respirar, a utilizar “los verbos de acción” Xan es talento, Xan es multidiversidad, Xan es creativo, Xan es respeto, Xan disfruta viendo la progresión en nosotros. Las mejores técnicas sólo pueden venir del mejor y tengo el placer de formar parte de su equipo de estudio; "Xan es el mestre/director por excelencia".

Eli Romero "Bióloga" Alumna de Conciencia corporal
CS Bouzas
Maria Patiño "Docente" Alumna Teatro e integración grupal.
UNED Pontevedra
★★★★★

Xan

Nos meus cursos e talleres pretendo acercar as técnicas dramatúrxicas a persoas que non teñan necesariamente relación coa interpretación. Están pensados para quen queiran mellorar e entender o corpo como un mecanismo imprescindible para unha maior calidade de vida. Malas posicións, mellorar e corrixir a forma de camiñar, posturas; liberarte de tensións cotidianas, recuperar ton muscular, mobilidade. Coñecer a túas expresións non verbais, derribar máscaras e constructos socias educativos e persoais para unha maior comunicación co teu corpo. Tomar consciencia del a partires do movemento creativo e individual. Democratizar o traballo de actor e levalo o gran público, porque todos e todas estamos enriba dun escenario.

Contacto

Se desexas contactar con Comigo, e coñecer horarios e cursos das miñas clases, completa o formulario e poreime en contacto contigo. Ou chámame directamente.