

Xunto cos músicos Eduardo Recarey e Justo lera grava o seu primeiro disco, a performance músico teatral “Cancións informais” . Tamén dirixiu e gravou os videoclips Estou Cansado, e Tuku Tuku. Pertencentes a este disco.

Cancíons Informais


Un Lángido Poema Arde
A mediados do 2009 formou a banda Xan Solo Van con que gravou o segundo CD. Temas cheos de crítica social, de inconformismo, de rebeldía sana, de ataque á rutina e de rir á esgalla. Reflexión e humor, moito humor, para dar a nota máis irreverente do panorama musical galego. Asemade dirixe os videoclips: Nunca serei, Autorretrato e O lume arde



Un home un escenario
No 2010 gravou na sala Rinconette ( La latina, Madrid ) este directo que conta coa colaboración de Justo Lera, en tres dos temas. Os quince cortes do disco foron gravados con son ambiente co obxectivo de reflectir a esencia da peculiar posta en escena de Xan Solo, que combina nas súas actuacións a maxia e a improvisación do teatro coa ironía e o sarcasmo que desprenden os seus versos musicados, os seus temas absurdos e cheos de sentido a un tempo. É a capacidade de sorprender que ten Xan Solo a que engancha ao público desde o primeiro minuto.


Con Carácter Local
No 2013 remata o terceiro traballo de estudio CON CARACTER LOCAL. Grabado nos Estudios Broño ( Negreira, A Coruña ) coa participación dos músicos Justo Lera, Eduardo recarey, X M Lago, Hector Lera, Cristina Morquillas e o voz de Yolanda Ruzo. Un disco cálido e cheo de matices, tanto nas letras como na música. Nos seus directos Xan, está acompañado da pianista Cristina Morquillas e o do guitarista Xalleiro: Efren.


Investigación Poética
XAN SOLO´S naceu da unión do cantautor, actor e poeta Xan Solo, coa pianista e creadora de melodías Cristina Morquillas. O dúo que posteriormente adoptará o nome do seu primer traballo ELECTROLÍRICA, transita desde cancións intimistas, poéticas e teatrais cara a desgarradoras e potentes instrumentacións, creando diferentes atmosferas ao longo do espectáculo. Electrolírica é un proxecto multidisciplinar de música electrónica, poesía e videocreación. Unha experiencia sonora, visual e intelectual.









Contacta con Xan Solo
Escribe para consultas os seus espectáculos de música, poesía e teatro.
Arte
Palabra, música e movemento en cada actuación única.
Docencia
+34 612 345 678
© 2025. All rights reserved.