A Caverna de Silicio obtén o terceiro premio no I Certame de Microteatro DramaturgIA

Este festival, desenrolado en Berlanga del duero (Soria) reflexiona sobre intelixencia artificial dende unha mirada dramturxica.

TEATRO

A peza de microteatro La Caverna de Silicio de Neboa Escénica, dirixida por Xan Martínez e interpretada por Xan Martínez e Sonia Galdo, foi recoñecida co terceiro premio no I Certame de Microteatro DramaturgIA, celebrado os días 17 e 18 de outubro de 2025 en Berlanga de Duero (Soria).

O certame, organizado pola asociación El Día Después, naceu co obxectivo de reflexionar sobre o impacto da intelixencia artificial na sociedade a través das artes escénicas. Durante dúas xornadas, cinco compañías finalistas presentaron as súas propostas en distintos espazos singulares da vila, convertendo Berlanga de Duero nun escenario itinerante de debate cultural e pensamento crítico.

A Caverna de Silicio forma parte destas creacións que abordan, en formato de microteatro, cuestións como a ética tecnolóxica, as relacións humanas e os límites entre o artificial e o humano. A proposta foi valorada polo xurado pola súa capacidade para xerar reflexión desde unha posta en escena próxima e directa, en diálogo co público.

O I Certame DramaturgIA contou co apoio de institucións como o Instituto de Filosofía do CSIC, o Concello de Berlanga de Duero, o Instituto Castellano y Leonés de la Lengua, a Deputación de Soria e o Centro Internacional de la Cultura Escolar (CEINCE), consolidándose como unha iniciativa innovadora que aposta polo teatro como ferramenta para pensar o presente.