
Xan Martínez: Artista Multidisciplinar
Proxectos Artísticos


Nos últimos 20 anos Xan Martínez ten liderado proxectos artísticos de diversas disciplinas. Baixo o pseudónimo Xan Solo publicou catro discos e un quinto con "Electrolírica", un proxecto de poesía videocreación e música electrónica. No eido da escena ten escritas e dirixidas máis de trinta pezas teatrais e quince performances, con actores profesionais e non profesionais de tódalas idades. Como actor traballou en teatro, series de tv e curtas. No ámbito literario acaba de publicar un segundo poemario, "As Verbas do Luns" que está presentando actualmente coa súa banda. Combinando estes traballos coa docencia escénica dende diferentes miradas pedagóxicas.


Docencia
Xan ten na actualidade máis de cen alumnos/as de tódalas idades repartidos/as en varios talleres. Leva quince anos impartindo clase de interpretación e consciencia corporal para a formación de actores e actrices, e dirixidas máis de trinta obras de teatro a diferentes colectivos. Nos últimos dez anos desenrolou os proxectos pedagóxico: Dramaturxia nas aulas. Dirixido o alumnado de institutos onde trata de facer un paralelismos entre o escenario, un lugar onde desenrola o seu traballo un actor ou actriz, e outros espazos do seu presente ou futuro académico e posterior vida laboral. Exames orais, exposicións públicas, entrevistas de traballo etc. E Técnicas dramaturxicas para unha comunicación eficaz. Dirixido a profesionais da comunicación que queiran mellorar a súa posta en escena. Profesionais da avogacía, medicina, mestres, directores de orquestra, executivos/as e comerciais entre outras profesións, son actualmente o alumnado destes talleres que imparte na UNED de Vigo e Pontevedra. Tamén imparte en academias de opositores para a exposicións do futuro docente da súa unidade didáctica ante un tribunal. Sempre facendo un paralelismo entre o escenario, a calquera outro lugar onde se precise unha posta en escena con tódalas garantías
Xan Solo
Xan Solo (Xan Martínez) combina a palabra, o son, o movemento, a improvisación e a ironía nas súas actuacións e creacións, traballando como actor, cantautor, poeta, dramaturgo, director de teatro ou docente.






Formación
Formado na escola de teatro Espazo Aberto de Santiago de Compostela. Como proxecto de fin de formación crea Cancións Informais, un espectáculo músico-teatral co que percorreu case a totalidade da península ibérica e parte de Europa co nome artístico de Xan Solo. Despois volve para a súa terra natal e crea a escola de teatro Sen Cancelas Teatro onde leva formando actores e actrices dende fai máis de quince anos co seu nome Xan Martínez. Sen parar de formarse ininterrompida en disciplinas como a neurociencia a antropoloxía e a linguaxe non verbal para desgranar o comportamento humano, e aplicalo a interpretación e a comunicación.


Contacto
Se desexas ou ten interese por algúns dos meus cursos ou recibir información, non dubides en poñerte en contacto comigo.
Arte
Palabra, música e movemento en cada actuación única.
Docencia
+34 686148512
© 2025. All rights reserved.